Anuncios

Anuncio desafectación tramo/anaco de camiño público radicado en Souto – San Miguel de Barcala

12 Novembro 2019

O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 03.10.19, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo/anaco de camiño público radicado en Souto – San Miguel de Barcala que de seguido se describe:

Descargar pdf.

 

 

 

 

Edito de publicación de sometemento a consulta pública

16 Outubro 2019

Este Concello pretende elaborar e aprobar a Ordenanza municipal de Venda Ambulante no Concello da Estrada, de conformidade coa Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia.

 

Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango regulamentario, e en cumprimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP), con carácter previo á elaboración do proxecto ou borrador da Ordenanza, sométese a consulta pública previa para recabar a opinión dos cidadáns e organizacións máis representativas que potencialmente poidan verse afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles soluciones alternativas regulatorias ou non regulatorias.

 

En consecuencia, sométese a consulta pública previa á elaboración do proxecto ou borrador da Ordenanza municipal Reguladora de Venda Ambulante no Concello da Estrada.

 

Descargar información completa.

 

 

 

 

 

 

Aprobación inicial do Proxecto de Ocupación das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación SUD-R06-AVDA. DE VIGO

26 Agosto 2019

Previos os trámites preceptivos, a Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 12.08.19 aprobou inicialmente o Proxecto de Ocupación das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación SUD-R06-AVENIDA DE VIGO, presentado en data 19.07.19 (asinado dixitalmente polo avogado e secretario da mesma, D. Juan Arnaiz Ramos e polo arquitecto, D. Germán Carballeira Martín, en igual data). Ten por obxecto o cálculo do valor do aproveitamento (deducidas as cargas de urbanización) que terá que recoñecerse aos propietarios que non solicitaron en prazo a incorporación á Xunta de Compensación.

 

Descargar pdf.

 

 

 

 

Apertura de novo prazo para a presentación de instancias do proceso selectivo para contratar a 1 xefe de brigada

04 Xullo 2018

(04-07-2018) Apertura de novo prazo para a presentación de instancias do proceso selectivo para contratar a 1 xefe de brigada, por producirse unha vacante, obxecto do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello da Estrada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

 

Máis información no menú Contratatación de persoal.

 

 

 

 

Ampliación do prazo para a presentación de instancias do proceso selectivo para contratar a dous xefes de brigada

15 Xuño 2018

Máis información no menú Contratatación de persoal.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1