"Ordenanza reguladora de Instalación de funcionamento das estruturas radioeléctricas de telecomunicacións"

10 Decembro 2013

En sesión plenaria do 5 de setembro de 2013 aprobouse a Ordenanza reguladora para a "Instalación e funcionamento das estruturas radioeléctricas de telecomunicacións do Concello da Estrada".

Dado que durante o período de información pública se presentaron reclamacións  e suxestións, estas foron tratadas, previos os informes técnicos procedentes, na sesión plenaria do 2 de decembro de 2013, procedéndose á modificación do texto da devandita Ordenanza.

De conformidade co previsto no artigo 70 da Lei 7/1985, procédese á publicación do texto íntegro da Ordenanza, que entrará en vigor segundo o previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985.

Segundo o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, tratándose dunha disposición xeral, fronte á mesma poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguindo ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. O recurso deberá interpoñerse ante a Sala do Contencioso/Administrativo do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia, con sede en A Coruña. Todo isto, sen prexuízo de que se interpoña calquera outro que se estime oportuno e sexa aceptable en dereito.

Descargar información completa.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1