Imposto sobre vehículos

 
Que é ? É un tributo directo que se aplica os titulares de vehículos de tracción mecánica, aptos para circular polas vías públicas. Considerarase vehículo apto para circular ao que esté matriculado nos correspondentes rexistros.
Non están suxeitos ao imposto :
   - os vehículos que habendo sido dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo, poidan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certames ou carreiras limitadas ou desta natureza.
   - os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica cuxa carga útil non sexa superior a 750 kgs.
Quen ten que pagalo ? O propietario do vehículo.
Hai algunha exención ou bonificación ? - Si, as contempladas no artigo 4.1 da Ordenanza fiscal
Como se tramita ? Os trámites varían segundo se trate dunha :
- Alta
- Baixa
- Solicitude exención ou bonificación
Canto custa ? A tarifa vén fixada po-la Lei 50/98 en base á potencia dos vehículos.
Os Concellos poden incrementala mediante a aplicación dun coeficiente. No Concello da Estrada estase a aplicar o 1,26, moi por debaixo de máximo permitido do 2.
O cadro completo de tarifas poder verse no artigo 5.2 da Ordenanza fiscal
Cando hai que pagalo ? Calendario do Contribuinte.
Como se paga ? - Na Recadación Municipal.
- Mediante Domiciliación bancaria.
Onde podo atopar mais información ? - Na Lei 50/98 reguladora das Facendas Locais, artigos 93 a 100.
- Consultando a Ordenanza fiscal.
- Na sección Preguntas máis frecuentes sobre o Imposto de Circulación ...

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1