Imposto sobre bens inmobles - IBI

Que é ? É un tributo directo sobre a propiedade ou titularidade dun dereito real ( usofructo, superficie ou concesion administrativa ) dos bens inmobles de natureza urbana ou rústica sitos no término municipal.
Quen ten que pagalo ? O propietario ou titular do dereito sobre o inmoble.
Hai algunha exención ou bonificacion ? - Si, as contempladas nos artigos 4 e 9 da correspondente Ordenanza.
Como se tramita ? Os trámites varían segundo se trate dunha :
Alta ou Modificación
Cambio de nome do titular do inmoble.
- Solicitude exención ou bonificación
Canto custa ? A base liquidable deste imposto e o valor catastral do ben inmoble coas reduccións que legalmente lle correspondan.
A cota ven dada pola aplicación á base liquidable dos seguintes tipos de gravame :
  - Bens inmobles urbanos : 0,4 por cento.
  - Bens inmobles rústicos : 0,3 por cento.
  - Bens inmobles de características especiais : 0,6 por cento.
A cantidade resultante poderá minorarse co importe das bonificacións previstas no artigo 9 da Ordenanza.
Cando hai que pagalo ? Calendario do Contribuinte.
Como se paga ? - Nas oficinas do ORAL - Av. Benito Vigo, 51 - A Estrada.
- Mediante Domiciliación bancaria.
Onde podo atopar máis información ? - Na páxina do Catastro.
- Consultando a Ordenanza fiscal.
- Na Lei de Facendas Locais artigos 61 a 78.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1