Alta ou modificación catastral

 

Que é ? - A obriga que teñen os propietarios de novas construcións de dalas de alta.

- Os propietarios de construcións existentes que fixeran variacións nas mesmas están obrigados a presentar a correspondente declaración de modificación catastral
Quen a ten que presentar ? Os propietarios ou promotores nos seguintes casos :
- Nova construción.
- Demolición dunha construción existente.
- Modificación do uso ou destino dun edificio.
- Constitución de dereitos reais.
- Concesións administrativas.
- Divisións propiedade horizontal.
- Agrupación ou segregación de fincas.
Qué documentos hai que aportar ? A correspondente declaración segundo os modelos aprobados pola Dirección Xeral do Catastro (modelos 902 e 902-S).

As declaracións de alta deben presentarse na Dirección Xeral do Catastro ou no Concello xunto coa documentación seguinte :
1. Fotocopia do último recibo do I.B.I. da finca obxecto da declaración, caso de telo pago.

2. Segundo o tipo de declaración :

2.1 No caso de nova construción, ampliación, reforma ou rehabilitación:
- Plano de situación.
- Plano do solar
- Planos definitivos de cada planta diferente.
- Certificado final de obra ou licenza de primeira ocupación.
- Follas de anexos de datos técnicos (cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I -relación de titulares- como sexan necesarias)

2.2 No caso de demolición total ou parcial:
- Fotocopia do documento acreditativo da demolición ( licenza municipal )
- Descrición gráfica da situación resultante.

2.3 No caso de modificación de uso ou destino :
- Fotocopia do documento que acredite a modificación ou variación
- Cando haxa máis dun titular, tantas follas do anexo I   -relación de titulares- como sexan necesarias.

2.4 No caso de variación da natureza do ben :
- Fotocopia do documento orixe do cambio da natureza do ben.
- Planos ou croquis acotados

2.5. No caso de constitución de dereito real:
- Fotocopia do documento de constitución do dereito real

2.6. No caso de outorgamento de concesión administrativa:
- Fotocopia do documento de concesión.

2.7. No caso de división da propiedade horizontal:
- Fotocopia do documento polo que se fai a división
- Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias (modelo no anexo I)

2.8. No caso de agrupación de fincas :
- Documento notarial polo que se fai a agrupación.
- Memoria visada.
- Plano da situación anterior visado.
- Plano da situación resultante visado.
- Tantas follas do anexo II (relación de fincas agrupadas) como sexan necesarias

2.9. No caso de segregación de fincas :
- Documento notarial polo que se orixina a segregación.
- Memoria visada.
- Plano da situación anterior.
- Plano da situación resultante.
- Tantas follas de relación de titulares como sexan necesarias.
Canto custa ? O que determina a taxa por inscrición ou alteración catastral fixada polo Ministerio de Economía e Facenda.
En que datas hai que facelo ? Sempre que exista algunha variación ou modificacion.
Como e donde se pode presentar ? Na Intervención Municipal

Por internet, na páxina da Dirección Xeral do Catastro.
Canto tempo tarda a resposta ? Immediata.
Onde se pode atopar máis información ? Na páxina do Catastro.
Preguntas máis frecuentes 1. ¿ Que impresos teño que utilizar en cada caso ?
- Depende do tipo de alteración do que se trate :
No casos de
. Nova construción, ampliación, rehabilitación ou reforma
. Demolición total e/ou parcial
. Agregación/división/segregación/agrupación de fincas
. Modificación de uso-destino.
. División horizontal
Procede presentar o impreso 902 - Alteracións de bens de naturareza urbana, sempre en solo urbano dun propietario.
No resto dos casos hai que presentar o impreso  902-S
Alteración de bens de naturareza urbana, simplificada.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1