Auga - Baixa no servizo


Que é ?
Dar de baixa o subministro do servizo de auga cando remate a necesidade do mesmo, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble.
Quen o pode solicitar ? O contratante do servizo ou o propietario do inmoble.
Que documentos hai que achegar ? Unha solicitude asinada polo interesado.
Canto custa ? A tramitación é gratuíta.
O aboado deberá estar ao día no pagamento dos recibos para recuperar, no seu caso, o depósito constituído no seu día como garantía.
Cando se pode solicitar ? Sempre.
Como e donde se pode solicitar ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
A baixa surtirá efectos no período natural seguinte ao da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas.
A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Outra información de interese Alta no servizo de abastecemento de auga.
Servizos de Recollida de lixo e Sumidoiros.

Data de actualización: 01/05/2003

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1