Imposto sobre Construccións, Instalacións

Que é ? Un tributo indirecto que grava a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda ao Concello.
Quen pode solicitar ? O promotor da obra.
Que documentación hai que presentar ? A documentacion varía segundo se trate dunha:
Obra maior.
Obra menor.
Canto custa ? - Un 2 % sobre orzamento da obra polo que a o ICIO se refire.
Tamén procede a liquidación da Taxa por Licenzas Urbanísticas
Se a execución das obras precísase da ocupación da vía pública (colectores, andamios, reservas de espazos ...) tamén se liquidará a Taxa correspondente.
En que datas se pode facer ? Sempre.
Como e onde hai que presentalo ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? 20 días aproximadamente.
Que documentación entrega o Concello ? - Xustificante da solicitude
- Liquidación do pagamento das taxas e impostos.
- Notificación definitiva da resolución do expediente.
- Licenza de obras.
Onde se pode atopar máis información ? - No Servizo Municipal de Urbanismo - Casa do Concello.
- Solicitude licenza Obra maior.
- Solicitude licenza Obra menor.
Ordenanza fiscal do Imposto sobre Contrución, Instalacións e Obras.
Ordenanza fiscal da Taxa por Licenzas Urbanisticas.
Ordenanza fiscal da Taxa por Ocupación de terreos de uso público municipal con mercadorías, materias de construción, ...- Lei 1/97 do Solo de Galicia e Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1