Taxa por entradas de vehículos

Que é ? Solicitude de licenza para a entrada e saída de vehículos ao interior de inmobles, cando sexa necesario atravesar beirarrúas ou outros bens de dominio ou uso público e/ou reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
A solicitude pode facerse para un aproveitamento puntual ou de carácter permanente.
Quen o pode solicitar ? Calquera propietario, poseedor lexitimo ou arrendatario dun inmoble.
Que documentos hai que presentar ? 1. Solicitude de Licenza de vado e/ou reserva de espazo.

2. Fotocopia do documento acreditativo da propiedade ou do dereito de uso do inmoble afectado.

3. Plano de situación da cartografia municipal.

4. Detalle da superficie de aproveitamento.
Canto custa ? Segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa.
As tarifas figuran no Anexo e as datas de pagamento no artigo 9 da mesma.
Cando se pode solicitar ? Sempre.
Como e donde se pode presentar ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? 20 días aproximadamente.
Que documentación entrega o Concello ? - Copia da solicitude.
- Recibo do pagamento efectuado.
- Notificación do decreto de resolución da solicitude.
- Documento de Licenza de vado e/ou reserva de espazo.
Máis información ... Na correspondente Ordenanza fiscal.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1