Imposto sobre Vehículos - Exencións ou bonificacións

Que é ? A dispensa de pagar o imposto sobre vehículos do que se poden beneficiar, entre outros, os coches adaptados para minusválidos ou os vehículos con un antigüidade superior aos 30 anos.
Quen o pode solicitar ? Os propietarios dos vehículos.
A lista completa de exencións ou bonificación pode consultarse no artigo 4 da Ordenanza fiscal
Que documentación hai que presentar ? A solicitude cuberta.
- No caso de exención por minusvalía, indicaranse as características do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio.

- No caso de vehículos con antigüidade superior aos 30 anos, acreditación da mesma. Os anos contaranse a partir da data da súa fabricación, se esta non se coñecese tomarase como tal a súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
Canto custa ? A tramitación é gratuíta.
Cando se pode facer ? Antes do 31 de decembro de cada ano. A exención terá efectos no exercicio seguinte ao que se fixo a solicitude.
Como e donde hai que presentalo ? No Rexistro Xeral de Entrada do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Canto tempo tarda a resposta ? 45 días.
Que documentación entrega o Concello ? Comunicación do decreto de concesión da exención.
Onde podo atopar máis información ? - Consultando a Ordenanza fiscal.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1