Subvencións

Axudas municipais para o fomento da creación de empresas no Concello da Estrada para o ano 2018

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as axudas municipais para o fomento da creación de empresas no concello da Estrada para o ano 2018.

 

Empresas beneficiarias

Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017(enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

 

Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

 

As accións incluídas nesta convocatoria financiaranse con cargo á asignación orzamentaria 433.489.04 do orzamento municipal para o ano 2018, cun importe total de 24 000 €.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

 

Prazo: 10 de abril de 2018

 

 BASES:  http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/03/23/2018009042

 

*NOTA PARA A TRAMITACIÓN DA AXUDA POLA VÍA TELEMÁTICA: As persoas que tramiten esta axuda pola vía telemática deberán a través da sede electrónica cubrir a instancia xeral que está dispoñible e subir estos anexos como documentación adxunta ao igual que o resto da documentación que se solicita.

Os anexos facilítanse en formato word para que resulte máis sinxela a súa tramitación pero recoméndase que se suban á sede electrónica en formato PDF para evitar calquera cambio de marxes etc.

 

Para resolver calquera dúbida poden as persoas interesadas poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello da Estrada no teléfono 986 677 740, no 986 570 030 ( ext. 4226) ou a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

Convocatoria de subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o período 2018-2019.

Beneficiarias:

a) Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

 

Requisito para tódolos casos: haber sido constituídas antes do 1 de xaneiro de 2018.

 

Proxectos subvencionables:

a) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 €.

c) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de ocio, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE

 

Prazo de solicitude: 1 mes

 

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180129/AnuncioO90-271217-0001_gl.pdf

 

 

 

Bases reguladoras e convocatoria do ano 2017 do programa de axudas municipais á creación de empresas

Desde o día 25 de abril e ata o 10 de maio (ámbolos dous inclusive) podes solicitar as axudas ás persoas emprendedoras do Concello da Estrada.

Ler Máis

Bases reguladoras e Convocatoria do ano 2016 do Programa Axudas Municipais á Creación de Empresas

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEMES), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2015 ( entendéndose por inicio da actividade a alta no I.A.E.).

Prazo de solicitude: ata o 6 de xuño de 2016.

Ler Máis

Bases reguladoras para a convocatoria de Subvencións con finalidade de carácter de Promoción Económica para o ano 2015

O prazo de presentación de solictudes será de 10 días hábiles, iniciándose ao día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, é dicir, do 21 de xullo ao 1 de agosto. Facilitarase toda a información e documentación nas oficinas de AEDL do concello ( 1º andar) e da Fundación Cultural. O teléfono de contacto para calquera dúbida é (986 57 00 30 / ext. 4326)

Descargar bases

Descargar anexo I

Descargar anexo II

Descargar anexo III

Descargar anexo IV

Descargar anexo V

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1