Neste apartado poderá xerar os documentos de autoliquidación para unha vez impresos proceder o seu pagamento.
Este modelo de autoliquidación permitirá o pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos polos seguintes conceptos:
– Expedición de informes urbanísticos
– Dereitos de exame
– Transmisión de licenzas
A ordenanza na que se regula a taxa por expedición de documentos administrativos pode consultarse premendo aquí.
Para cubrir o impreso de autoliquidación prema aquí (lembre que é necesario imprimilo para posteriormente proceder o seu pagamento nunha oficina bancaria ou ben na tesourería do Concello).
Para calquera dúbida en relación con este procedemento administrativo non dubide en porse en contacto co Departamento de Tesourería-Recadación do Concello da Estrada no teléfono 986 570 165 ou nos enderezos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..