Festas do San Paio 2020

21 Xuño 2019

A Estrada prepara un programa de actividades para celebrar as Festas de San Paio, unhas festas que, como non pode ser doutro xeito, veñen marcadas pola difícil conxuntura sanitaria que estamos a atravesar. Deste xeito, a programación incide en dous aspectos claves para poder desenvolver os actos previstos. Un, a de cinguirse escrupulosamente ás medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias e administrativas en relación aos eventos en exterior; e outro, o de acentuar o carácter cultural da presente edición. Deseguido, enumeramos unha xeira de medidas, de orde sanitaria e organizativa, de obrigado cumprimento para asistir aos eventos culturais.

MEDIDAS PARA O PÚBLICO ASISTENTE
1.-Prégase encarecidamente absterse de asistir aos eventos no caso de calquera sospeita de enfermidade contaxiosa por vía aérea.


2.-Obrígase ao uso de máscaras FFP2, FFP3 ou cirúrxicas, durante o proceso de acceso e saída ao evento. Poderase quitar durante o espectáculo, a indicación do rexidor, evitando o contacto da máscara coa cadeira ou elementos comúns.


3.-Estableceranse puntos de hixiene dotados con dispensadores de líquido hidro-alcólico, panos de papel e papeleiras na entrada ao recinto; a disposición do público asistente.


4.-Establécese a prohibición de fumar en todo o recinto escénico.


5-Os espectadores deberán respectar os sinais de distanciamento marcados no chan nos corredores de acceso ao recinto.


6-Os asistentes deberán ler os cadros informativos instalados á entrada do recinto coas medidas de seguridade e seguir as instrucións, desta natureza, que un “speaker” realizará antes e despois do espectáculo.


7.-Os asistentes seguirán en todo momento as indicacións dos acomodadores e persoal da organización e seguridade, entre o que se atopan acomodadores, persoal de seguridade e auxiliares de limpeza.


8.-Ao remate do espectáculo, o espectador permanecerá sentado, ata que se inicie a saída por indicación do rexidor.


9·-No caso de saír durante o evento, o espectador deberá alzar a man e esperar a que un dos acomodadores se achegue para facilitarlle a saída. Neste senso, aconséllase satisfacer as necesidades fisiolóxicas antes do acceso ao espectáculo.


10.-A organización resérvase o dereito de admisión, e poderá indicar ás forzas da orde que procedan ao desaloxo de calquera espectador, no caso de que o seu comportamento ou estado de saúde non sexa o adecuado, antes, durante ou ao remate do evento.


11.- As medidas adoptaranse nos tres recintos habilitados para eventos sitos na Praza do mercado, Praza da Feira e Praza do Concello, polo que por motivos de seguridade, o portador da entrada presentarase no lugar do evento con tempo suficiente para acceder ao patio de butacas. Se 5 min antes do comezo deste, o portador non fixera acto de presenza, a entrada non terá validez e poderase facilitarlle a butaca a outras persoas. Os eventos programados nos recintos sitos na praza da Feira e na praza do Mercado non precisarán, debido ao seu formato reducido, de entrada previa. Neste caso, facilitarase o acceso ao evento por orde de chegada.


12.-Recoméndase a todo aquel que careza de entrada, que se absteña de asistir aos eventos para evitar posibles aglomeracións de público en zonas limítrofes ao recinto escénico.


13-Non se poderán retirar máis de 4 entradas individuais ou 2 dobres por persoa. As entradas dobres só estarán a disposición de membros pertencentes á mesma unidade familiar, circunstancia que pode ser constatada por membros das forzas de seguridade. Os dous titulares desta entrada deberán entrar xuntos ao recinto.

 

PROGRAMA FESTAS DE SAN PAIO 2020

MÉRCORES 24
-Pasacalle da Banda Cultural da Estrada / 12.00 h
-Animación a cargo de Pulpiño Viascón / 12.00 h e 18.00 h
-Chelo do Rejo, Toño Pena e Pablo Chichas + Obradoiro de Música Moderna Carlos
Barruso / Praza do Mercado / 20.00 h
-Plan Siberia / Praza da Feira / 21.30 h


XOVES 25
-Animación a cargo de Lume na Lareira / 18.30 h
-Presentación do libro de Xosé Luna, A Estrada Románica / 20.00 h / Praza do Mercado
-Os Bichos / Praza do Mercado / 20.00 h
-As Lerchas / Praza da Feira / 21.30 h


VENRES 26
-Animación a cargo dos Xirimbaos / 12.00 e 18.00 h
-Concerto de piano da escola Musikenos /13.00 h / Praza do Mercado
-A Banda das Apertas con Magín Blanco / Praza do Mercado / 20.00 h
-LUAR NA LUBRE / Praza do Concello / 22.00 h (CON INVITACIÓN)

SÁBADO 27
-Animación a cargo dos Atrevidos / 12.00 h e 18.00 h
-Animación a cargo de Ce Orquestra Pantasma / 13.00 h
-Presentación do libro as Aventuras de Alberte Quiñoi / 18.00 h / Praza do Mercado
-Pasacalle da Banda Municipal da Estrada / 19.00 h
-BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA / 20.00 h / Praza da Constitución (CON INVITACIÓN)
-MARÍA DO CEO / 22.15 h / Praza da Constitución (CON INVITACIÓN)

Recollida de invitacións no Concello da Estrada, Robert ́s Café e Bar Restaurante Andalucía (só 4 individuais ou 2 dobres por persoa)

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1