VINSEIRO Ten un extenso e fermoso
paisaxe dende a zona máis alta da parroquia.
VEA, STO. ANDRÉ É a parroquia que
abre o Val do Vea polo sur na estrada procedente de Cuntis a Ponte Vea
camiño de Compostela. Recórrea o regueiro chamado Bragada,principio
do río Vea afluente do Ulla. No lugar do Pazo tivo unha casa o Conde
Ximonde A parroquia ten doce lugares.
VEA, SAN XURXO Forma parte das
parroquias que compoñen o amplo Val dos Veas. A súa igrexa xa foi
consagrada no 1161 polo Obispo de Cora. Ten unha pía bautismal, o
parecer, de orixe románico. Como tódalas parroquias da súa beira é
de fermoso paisaxe com amplas vistas e terra moi productiva. Está
composta por dezaseis lugares.
VEA, STA, CRISTINA Nesta parroquia
estivo situada en 1840 o cárcere de mulleres. Un dos nativos da
localidade,D. Manuel Ventura foi secretario da S.S. o Papa. Ten
quince lugares.
VEA, SAN XULIÁN A súa igrexa data do
século XVI. O seu párroco D.Bernardo de Rivas foi fusilado na
guerra da Independencia ó facer tañe-las campás avisando da chegada do
invasor. Os seus lugareños, apostados en Ponte Vea, causaronlles
numerosas baixas ós franceses. Consta de once lugares.
TOEDO, SAN PEDRO Parroquia que se
atopa saíndo da Estrada hacia Santiago. A súa construcción maís
sobresaínte é unha igrexa con cruceiro á fronte, con vista parcial á
vila. En terreo da mesma encóntrase o Polígono Industrial da Estrada. Ten
cinco lugares.
TABEIRÓS, SANTIAGO APOSTOL Antiga
capital da zona e tamén antigo Archiprestazgo. A súa igrexa conserva
unha boa riqueza de arte románica. Foi sede do Xulgado e do Concello
durante o século XIX. Ten trece lugares.
SOUTO, SAN ANDRÉS Sita cara o
suroeste do concello, cara o río Umia, polo norte e u oeste, os seus
montes acollen ás bestas bravas da "Rapa". O seu nome fai alusión a
soutos apertados de castiñeiros os seus dous derradeiros lugares polo
sur,están xa na faldra dos altos montes Cregos, tamén recreo de cabalos
salvaxes. Está constituida por nove lugares.
SOMOZA, SAN ANDRES Parroquia rodeada
polo oeste polas altas montañas do Pedroso ou do Pedralba, aberta cara
Guimarei, Parada ou Tabeirós hasta Pardemarín, a Rocha e San Sebastián. Esta
parroquia ten nove lugares.
SANTELES, SAN XOAN Parroquia sita
entre o río Ulla polo norte e o Liñares polo oeste, tivo unha importante
feira no seu tempo, hoxe desaparecida. Está composta por quince
lugares.
SABUCEDO, SAN LOURENZO Famosísima por
celebrarse nela a "Rapa das Bestas", é un pobo de casas e calexas de
pedra con construccións de gran tipismo e frondosas e coidadas
carballeiras.
RUBÍN, STA. MARÍA Trátase dunha das
feligresías máis antigas, e hai novas dela dende o século XII. Tivo
nos seus tempos un forte e unha casa señorial, a do Cantón, sede no seu
momento do Concello da zona. Tamén tivo unha importante feira. A
parroquia formanna trece lugares.
RIVELA, STA. MARIÑA Atópase ó borde
do río Umia e conta coa casa señorial dos Ballesteros e co conxunto
urbano e petreo de Aldea Grande, un dos máis fermosos rincóns da zona
rural estradense. Ten oito lugares.
RIBEIRA, STA. MARIÑA Ten dous dos
máis fermosos cruceiros, un deles cun "Peto de Ánimas" situado frente a
igrexa. Tamén na parroquia están as casas señoriais dos Oteros,
Cobián e Luces. Ten once lugares.
RIOBÓ, SAN MARTÍN: Unha igrexa
románica das máis importantes do Concello. Conta tamén co Pazo da
Mota, o segundo en importancia tras o Pazo de Oca. A parroquia ten
nove lugares.
REMESAR Inclinada cara o Val de
Ulla, conta tamén con fermosos paisaxes cara estas terras. Consta de
sete lugares.
PARDEMARÍN Parroquia recostada na
falda noroeste da cordilleira de Serride, apropiada para caza menor con
belísimas vistas ata a zona marítima de Pontevedra. Consta de sete
lugares.
PARADELA, SANTA MARÍA Recibe a
desembocadura do río Liñares e, no seu límite con Santeles, presenta a
ponte románica mellor conservada do Concello. Ten esta parroquia
catro lugares.
PARADA, SAN PEDRO Encadrada nun
fermoso val entre os montes de Rivela, dende o seu castro de
Entrecastrelos se divisa o Pico Sacro.
OUZANDE: Igrexa románica de
importancia, na que se fixo unha espléndida restauración recentemente. Dende
o seu atrio se divisa unha fermosa paisaxe da vila. Ten seis
lugares.
ORAZO, SAN PEDRO Famosa polo Castro
de Castrovite. Contou en tempos cunha fábrica de campás que exportou
estas a varias igrexas de Galicia e Sudamérica. Ten once lugares.
OLIVES Conta co castro de Viladefonso
e sobre todo, na súa zona alta, coa Lagoa Sacra,fonte tamén de lendas
sobre mouros e franceses. Ten esta parroquia cinco lugares.
OCA: Famosísima por contar co Pazo
de Oca, un fermosísimo pazo, coñecido como o "Versalles galego" pola
magnificencia dos seus xardíns.
NIGOI Feligresía que data de 1480,
conta co castro de Entrecastrelos. Polo seu oeste da salida á
parroquia de Arca e Souto. Son seis lugares os que a compoñen.
MOREIRA Foi paso dun Camiño Real. A
súa igrexa románica a pesares de que tivo amplas remodelacións aínda
conserva importantísimos restos románicos. Nela son de destacar a sua
coleccion de canzorros con figuras humanas, mostros e cabezas de
animais. Son nove os lugares que compoñen a parroquia.
MATALOBOS É de destacar un castro con
restos de cerámica, que foi fonte de varias lendas. Tamén se atopan
varias mamoas na zona do Alto da Cruz. Son seis lugares os que á
compoñen.
LOIMIL: Situada no Ulla Alta, conta
cunha igrexa románica que conserva unhas trazas sin profanar.A porta do
muro sur ten un lintel pentagonal. Está formada por nove lugares.
LIRIPIO No límete con Forcarei, as
lendas falan da poder de encantamento das campás da súa pequena igrexa.
LAMAS Parroquia da que é orixinario
D. Daniel Varela Buxán, unha das figuras do teatro galego. Está
composta por oito lugares.
LAGARTÓNS No seu campo de Gándaras
celebrouse en 1915 unha das primeiras concentracións agrarias. Un
monolito da época conmemora o feito.
GUIMAREI Moi coñecida pola súa
Torre-Forte, a Torre de Guimarei, é a supervivinte unha vez desaparecida
a antiga Torre da Barreira. Ten esta parroquia dezaseis lugares.
FRADES O seu nome provén de que
antigamente residiu alí unha comunidade de frades.A súa igrexa e unha
verdadeira xoia arquitectonica de comenzos do seculo XII. Ten sete
lugares.
ESTRADA, A
CURANTES Conta cunha igrexa do século
XIX e sobre todo coa tamén perfectamente restaurada e coidada "Casa de
Recarey" coa súa capela, hoxe abandoada. Ten trece lugares.
COUSO, SANTA MARÍA: A súa ponte de
traza románica conta con seis arcos. A casa solariega das
"Pesqueiras" do Conde de Ximonde é un exemplo de coidado e restauración. Máis
cara abaixo está o célebre couto salmoneiro de Couso cruzado pola súa
non menos célebre ponte colgante. Ten seis lugares.
CORA, SAN MIGUEL Parroquia ribeireña
do Ulla e cercana a Ponte Vea. Contan as lendas que estaba comunicada
por un pasadizo subterraneo dende unha torre nunha illa do centro do
río, co Pico Sacro. Ten seis lugares.
CODESEDA, SAN XURXO A parroquia máis
extensa do municipio, nun aberto val de montaña cruzado polo Umia que a
dota de numerosos e fermosos rincóns fluviais. Conta tamén con
importantísimos restos do románico na súa igrexa.
CEREIXO, SAN XURXO Cruce de camiños
cara as terras de Forcarei. O domingo seguinte a S. Xurxo celebra a
"festa da carne", romaría onde se subastan as distintas partes do
porco. Ten esta parroquia sete lugares.
CASTRO, SAN MIGUEL: Conta cunha
igrexa do século XII con restos primitivos románicos e co castro que lle
presta o nome, un dos máis notables cun mirador sobre Ulla, fronte ó
Pico Sacro e o antigo viaducto do tren. Ten doce lugares.
CALLOBRE, SAN MARTÍN Destaca a antiga
casa señorial de Valiñas, coa súa capela e no xardín unha inmensa
sobreira de varios metros de perímetro.
BERRES, SAN VICENTE: Cuna de homes de
letras, os Irmáns Valladares, Ken Keirades, Martínez Oca, ... Centro
da artesanía da madeira e o torneado. Está constituida por quince
lugares.
BARCALA, STA. MARIÑA Capela de San
Xoan do Caeiro, cun fermoso cruceiro enfrente. Ten a parroquia dous
lugares.
BARCALA, SAN MIGUEL Ribeireña do
Ulla, conta con fermosísimos paisaxes fluviais e o Coto Salmoneiro de
Sinde. Tamén as ruinas do muiño das "Pesqueiras de Sinde". Ten
sete lugares.
BARBUDE, SAN MARTÍN Dominada polo
Castro de Barbude, en perfecto estado,onde se divisa en perfecta
panorámica o norte da Estrada. Formada por catro lugares.
BALOIRA Un fermosísimo mirador natural
hacia o Val do Vea, Ponte Vea e as terras de Compostela. Ten catro
lugares.
ARNOIS, SAN XULIÁN: Dignas de visitar a
capela da Virxe de Granada e das Neves. Forma un fermosísimo val na
paraxe ribeireña do Ulla. Ten dezaoito lugares.
ARCA, SAN MIGUEL: Unha das
feligresías máis antigas, recorrida polo río Umia. Lugar de pesca de
troitas abundante. Ten dez lugares.
ANCORADOS, STO. TOMÉ Igrexa con restos
do románico que se calculan no século XII. Ten seis lugares.
ANCORADOS, SAN PEDRO Conta cunha
igrexa con interesantes restos románicos así como os restos do antigo
Convento de Sta. Clara. Está composta por oito lugares.
AGAR, STA. MARIÑA Inmersa no Val do
Ulla alto e baixo, é un espléndido mirador natural do Pico Sacro.
AGUIÓNS, STA. MARÍA Preto da Ponte
Sarandón conta cunha das máis fermosas casas solariega da comarca: O
Pazo de Preguecido.A parroquia ten seis lugares.