Xunta de Galicia convoca ayudas para facilitar la obtención de los permisos de conducción clase B y C a la juventud gallega, dirigida a las personas inscritas en el Sistema de Garantía Juvenil

13 Agosto 2021

Consellería de Política Social

ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

 

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

 

O código de procedemento administrativo é BS321A.

 

Gasto subvencionable e contía da axuda

O gasto subvencionable é a suma a tanto global de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné. O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

 

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitivida‑ de e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/

 

MOI IMPORTANTE ISTO: SE NON DISPÓS DE CERTIFICADO DIXITAL, CARNÉ ELECTRÓNICO OU CHAVE 365 RECOMENDÁMOSCHE QUE SAQUES ESTA ÚLTIMA (podes solicitala no departamento de administración do teu centro de saúde)

 

Podes inscribirte en GARANTÍA XUVENIL A TRAVÉS DA SEGUINTE LIGAZÓN: http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/gaxuve/area-mocidade

 

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día se‑ guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.pdf

 

Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada prestámosche todo o apoio que precises para a súa solicitude, podes chamarnos en horario de 9.00 a 14.00 horas ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente pola nosa oficina sen necesidade de cita previa no horario indicado. 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1