Instituto Gallego de Vivienda y Suelo convoca ayudas a las comunidades de propietarios para la reparación, la rehabilitación y/o la adaptación de los edificios de viviendas protegidas

26 Noviembre 2021

 

Instituto Galego da Vivenda e Solo

 

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento VI420A).

 

O ámbito de aplicación desta subvención está constituído polos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS sometidos a réxime de protección que no momento de presentar a correspondente solicitude teñan máis de dez anos de antigüidade e aqueles nos cales o dito réxime se extinguise nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes previsto na correspondente convocatoria de axudas.

 

Poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas que estean incluídos no seu ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:

a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.

b) Que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.

c) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo de criterios de valoración previstos nesta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.

 

Actuacións subvencionables

  1. a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.
  2. b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico ou mellora das instalacións de calefacción.
  3. c) Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.
  4. d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial. As actuacións deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.

 

Tales actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non comezasen antes do 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria e non teñan executado máis dun 60 % do custo total das obras.

 

Non serán seleccionadas as solicitudes que teñan custos pagados con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria nin aquelas que teñan pagamentos efectuados con anterioridade á data da solicitude por un importe superior ao 60 % do custo da obra.

 

O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será desde o día 3 de xaneiro de 2022 ata o día 4 de abril de 2022

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211126/AnuncioC3Q2-181121-0001_gl.pdf

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1