WhatsApp das actividades de ocio e tempo de lecer que se leven a cabo no noso concello

23 Setembro 2016

Co obxectivo de difundir con rapidez noticias das actividades de ocio e tempo de lecer que se leven a cabo no noso concello -novidades, material útil e información práctica dos eventos-, habilitouse un número de teléfono para enviar WhatsApps semanais.

O mecanismo para subscribirse é moi sinxelo:

• 1. Engadir un contacto novo á túa axenda co número de tel.: +34 630 26 23 86

• 2. Enviar un WhatsApp poñendo "ALTA" a ese novo contacto.

• 3. Ao cabo duns días recibirás unha mensaxe de confirmación e comezarás a recibir as novas da axenda cultural e tempo de lecer no teu móbil.

Ao enviar a primeira mensaxe ao novo contacto agregado, o usuario pasará a formar parte dunha lista de difusión á que se enviarán as noticias periódicas.

Non se utilizará o mecanismo como medio de conversación ou resolución de dúbidas -xa temos outras vías para iso-, de modo que así se asegure a efectividade do servizo.

En calquera momento pódese deixar de recibir as noticias, comunicándoo a través do mesmo medio cunha mensaxe que poña "BAIXA"


IMPORTANTE: Enviamos as mensaxes a través dunha lista de difusión, pero nunca te engadiremos a un grupo, polo que ningún outro usuario subscrito aos nosos envíos terá acceso aos teus datos ou ao teu número de teléfono.

 

AnuncioWhatsapp

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1