O luns 30 e o martes 31 de marzo na Praza do Concello das 16:00 ás 21:00 horas.
Comunicado URXENTE
Confirmamos o desprazamento da unidade móvil de ADOS a
A ESTRADA UNIDADE MÓBIL NA PRAZA DO CONCELLO
Luns, 30 de marzo e Martes, 31 de marzo de: 16:00 a 21:00 horas
ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.
O noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.
As persoas que acudan a doar sangue teñen que pedir CITA PREVIA no teléfono gratuito 900100828.
No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.
Estamos a levar una campaña solidaria coa colaboración de Celta e Depor.
http://www.rccelta.es/index.
Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.
Julio Flores Pérez
UF Promoción Doazón de Sangue
Teléfono 881546900
O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.
Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…
Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos.
Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.
Julio Flores Pérez
UF Promoción Doazón de Sangue
Teléfono 881546900
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario,
altruísta, anónimo, universal e gratuíto.
Material informativo sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar
Adíca 2 minutos para decidir se salvas unha vida
Amosamos historias de persoas que doan sangue e de doentes que sairon adiante grazas a solidariedade doutros
Ana e Ignacio https://www.youtube.com/watch?
Geni e Chus https://www.youtube.com/watch?
María e Juan https://www.youtube.com/watch?
Cris e Andrés https://www.youtube.com/watch?
Alexia e Inma https://www.youtube.com/watch?
Ana e Carlos https://www.youtube.com/watch?
Vicente e Rafa https://www.youtube.com/watch?
Vídeo sobre o proceso da doazón de sangue
https://www.youtube.com/watch?
Máis información
Teléfono: 900 100 828 e 881546900
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/
Canal Youtube https://www.youtube.com/