• A QUEN VAI DIRIXIDO : A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
• DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata o inicio do curso escolar. En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
• PRAZAS: 40 rapaces/as por quincena. (20 en instalacións deportivas do Colexio Perez Viondi e 20 en instalacións deportivas do Colexio de Figueroa)
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN:
- O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 23€ por participante durante os días do mes de setembro.
- O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€, xullo e agosto; e 18,40€ os dias de setembro) sobre o prezo, e a partir do terceiro membro será gratuíto.
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:
▪ Fotocopia do D.N.I do neno/a
▪ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor
▪ Fotocopia da libro de familia (Só se solicita bonificación por 2º/3º irman participante)
▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cora á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
4. Familias con renda máis baixas (IPREM)
5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
6. Orde de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.