O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a undécima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
O Concello da Estrada, coordinará con especialistas tódalas medidas de seguridade, de prevención da saúde e de hixiene que a situación require para coidar ao máximo a saúde tanto dos participantes coma do persoal que leva a cabo á actividade.
As bases do XI Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada inclúen protocolos de actuación para a adaptación deste programa deportivo, ás directrices das autoridades competentes en relación coa Covid-19. Polo tanto, é posible que tanto antes do inicio como durante a actividade, se as indicacións das autoridades sanitarias ou da Xunta de Galicia cambian, tamén se teñan que adaptar tanto estas bases e protocolos. Se hai algún cambio, será publicado e comunicado as familias dos participantes na actividade.
Ofértanse un total de 70 prazas por quenda/quincena.
A actividade está dirixida para nenos/as de 5 a 15 anos, nados/as entre o ano 2005 e o ano 2015, e terá lugar nas instalacións da zona deportiva do Concello, en horario de 9.00 ás 14.00 horas. As instalacións onde se realizarán as actividades, cumpren cos protocolos de hixiene e prevención en relación o covid-19.
Ante a situación extraordinaria deste ano, a inscrición no XI Campus Deportivo de Verán, será por quincenas. O prezo será de 40 euros por participante e quincena. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (32 euros), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuito.