Solicitude instalacións para clubs e deportistas federados tempada 2020-2021

21 Xullo 2020
 
Prazo de solicitude: Dende o día 23 de xullo ata o día 3 de agosto de 2020.
 
 
AS AUTORIZACIÓNS PARA O USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E OS CADRANTES DE HORARIOS RESULTANTES, PODERÁN VARIAR SEMPRE E CANDO AS NORMATIVAS SANITARIAS OU AS RECOMENDACIÓNS PARA A ACTIVIDADE DEPORTIVA SUFRAN MODIFICACIÓNS POLA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL, SEMPRE RESPETANDO A LEXISLACIÓN VIXENTE.
 

 

 

INFORMACIÓN PARA OS SOLICITANTES

 

1.- Prazo de solicitude: Desde o día 23 de xullo ata o día 3 de agosto de 2020.

2.- Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes de inscrición deberán presentarse PREFERENTEMENTE a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal), ou no seu defecto no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9.00 h a 14.00 h, de luns a venres.

3.- Terán carácter preferente no uso das instalacións os programas deportivos municipais e as actividades e competicións de carácter federativo. A concesión dunha franxa horaria unha tempada, en calquera instalación, non implica que sexa concedida ao ano seguinte automaticamente polo feito de facer a solicitude; as concesións serán única e exclusivamente para a tempada 2020-2021.

4.- Con independencia do proceso de solicitude oficial de instalacións para a tempada

2020/2021, aquelas entidades que precisen ─por razóns de calendario de competición ou causas debidamente xustificadas─, iniciar os seus adestramentos antes do luns día

17 de agosto deberán de comunicarlle, por escrito, ao Departamento de Deportes do Concello da Estrada as súas necesidades co fin de poder atendelas, en función das instalacións e dos horarios dispoñibles.

5.- En función do número de solicitudes, e dependendo das datas de remate e vacacións do curso escolar, de competicións, torneos e programas deportivos organizados polo Concello da  Estrada  e  das  datas  de  competicións  de  ligas  oficiais  de  deportes  federados,    o Concello da Estrada poderá reducir, alterar ou variar os períodos de utilización de instalación solicitados, avisando previamente aos clubs afectados.

6.- Segundo os criterios de número de equipos do club, categoría na que participen e antigüidade, tentarase dar cobertura como mínimo, ao mesmo número de equipos dos que dispuxo o club durante a tempada pasada. As solicitudes de maior numero de horas atenderanse segundo a carga e a dispoñibilidade da instalación. Agradecemos que as solicitudes sexan reais e se axusten ás verdadeiras necesidades de cada solicitante, para poder optimizar o uso das instalacións.

7.- Todas aquelas solicitudes que non se presenten dentro do prazo, atenderanse unha vez realizado o cuadrante de horarios de cada instalación, e conforme a dispoñibilidade existente.

8.- Os horarios asignados estarán vixentes dende o 1 de setembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021. Aqueles clubs que despois desa data aínda sigan cos adestramentos por  estar en período competitivo, deben comunicarllo ao Departamento de Deportes para poder seguir utilizando a instalación correspondente.

9.- TODO O ANTERIORMENTE DETALLADO PODERÁ VARIAR SEMPRE QUE AS NORMATIVAS SANITARIAS OU AS RECOMENDACIÓNS PARA Á ACTIVIDADE DEPORTIVA SUFRAN MODIFICACIÓNS POLA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL, SEMPRE RESPECTANDO Á LEXISLACIÓN VIXENTE.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1