Dende mañán e ata o 10 de decembro estará aberto o prazo para anotarse no "CONCILIA NADAL URBANO 2020".
CONCILIA NADAL URBANO 2020:
- A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
- DATAS E HORARIO: do 23 de decembro de 2020 ó 7 de xaneiro de 2021 (ambos incluidos). En horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
- LUGAR DA ACTIVIDADE: NOVO MERCADO
- PRAZAS: 15 rapaces/as.
- PRAZO DE INSCRICIÓN: do 24 de novembro ó 10 de decembro (ambos incluídos)
- COTA DE INSCRICIÓN:
a) Familias empadroadas no Concello da Estrada: 23 euros.
b) Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal): 38,5 euros.
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais ou no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.
sedeelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte:
- D.N.I do pai, nai ou titor
- Vida laboral dos pais/titores
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
- Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
- Orde de entrada das solicitudes.
- Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada