TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA
Marzo
- 5 de marzo - Nina Ninette, Cía Traspediante
NINA NINETTE
Cía Traspediante
DÍA: Venres 5 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Familiar
DURACIÓN: 55 min
ENTRADA: De balde previa retirada de convites no dpto de Cultura. (Entrada reducida)
SINOPSE: Nina Ninette é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922) onde a figura dunha Cincenta actual (Nina) representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar... converténdose nunha heroína por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe nin ser princesa.
- 13 de marzo - Celestina, la tragiclowmedia, La Escalera de Tijera (Cáceres)
LA CELESTINA. LA TRAGICLOWMEDIA.
La Escalera de Tijera (Cáceres)
DÍA: Sábado 13 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia clown
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Esta irreverente proposta escénica de La Escalera de Tijera mestura circo, teatro e clow nun marabilloso xogo de intuición escénica. O destino de Calisto e Melibea contado cunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal tan dinámicas como imaxinativas.
Escenas eróticas, mortes absurdas, números de maxia... a montaxe mestura un sinfín de recursos sen concederlle ao espectador un só momento de respiro. Marabilloso espectáculo!
- 20 de marzo - Mestre ma non troppo, Bandullo Azul
MESTRE MA NON TROPPO
Bandullo Azul
DÍA: Sábado 20 de marzo
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Teatro musical, clown
CATALOGACIÓN: Familiar (+3 anos)
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00€ (capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Na sociedade dos "talent show", esta comedia triste rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca.
Interpretada por Fran Campos e dirixida e escrita por Fran Ameixeiras, Mestre ma non troppo convida ao espectador, de volta á casa, a reflexionar sobre a súa propia actuación e sobre as súas metas.
- 26 de marzo - Fabiolo Connection, Rafa Maza (Madrid)
FABIOLO, CONNECTION
Rafa Maza (Madrid)
DÍA: Venres 26 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Fabiolo Connection é unha comedia que agocha un cabaré repleto de glamour, elegancia e gargalladas. Conta como protagonista absoluto un "pijo" que relata o que ocorre ao seu redor mediante unha inmensa dose de mordente e frivolidade. Así, e durante setenta e cinco minutos surrealistas, historias sobre a actualidade vanse dando a man mentres van aparecendo xogos malabares, variopintos individuos e algunha que outra imitación mordaz de personaxes populares.
En definitiva, este é un show ideal para esquecerse das penas e, de paso, facernos pensar acerca de certas cosas que nos rodean e que non están demasiado ben, como o abuso da tecnoloxía... «tííío»…
Abril
- 10 de abril - MiraMiró, Baal Dansa (Mallorca)
MIRAMIRÓ
Baal Dansa (Mallorca)
DÍA: Sábado 10 de abril
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN:Familiar 4-12 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 3,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Miramiró é unha viaxe á obra de Joan Miró. Un proxecto multidisciplinar de arte, onde o debuxo, o movemento, a danza, a cor e as videoproxeccións se dan a man para crear un espectáculo cheo de orixinalidade, beleza e valor pedagóxico. As cores rechamantes, o poder da música e as formas xeométricas estimulan a fantasía transportándonos a un cosmos ou universo imaxinario cheo de sorpresas e onde todo semella posible.
MiraMiró acadou o ‘Premio Especial al Mejor Espectáculo’ outorgado pola ‘Asociación de Teatros e Auditorios’ das Illas Baleares e, despois de 40 funcións por toda a xeografía española, acaba de saltar o charco para participar no ‘Festival Internacional de Danza Prisma’ de Panamá.
- 16 de abril - Relatos negros, Manuel Manquiña
MANUEL MANQUIÑA
Relatos negros
DÍA: Venres 16 de abril
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia teatral
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura)
SINOPSE: Relatos negros é unha divertida obra teatral sobre unha das fascinacións do home: o asasinato. Todas as persoas teñen un entretemento, algo co que encher o seu tempo e a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias truculentas sobre crimes, nunha exhibición maxistral de humor negro.
- 23, 24, 25 de abril - Festival de Danza Contemporánea
VENRES 23 DE ABRIL
19.30 h Alameda Municipal
Miñaxoia, Clara Ferrao
20.30 h Teatro Principal
Bailar agora, Marta Alonso
SÁBADO 24 DE ABRIL
19.30 h Alameda municipal
Castr@, de Begoña Cuquejo
20.30 h Teatro Principal
Plastic, Paula Quintas
DOMINGO 25 DE ABRIL
19.00 h Praza do Concello
Vertebrata, Alejandra Balboa
20.00 h Teatro Principal
O raro é que bailar sexa raro
Colectivo Bacaburra. Andrea Quintana
*Para as actividades do Teatro Principal haberá que retirar un convite no departamento de Cultura
*No caso de choiva as actividades de exterior trasladaranse ao local da Praza do Mercado
- 30 de abril - O mel non caduca, Ibuprofeno Teatro
O MEL NON CADUCA
Ibuprofeno Teatro
DÍA: Venres 30 de abril
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: +14 anos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Marián Bañobre e Avelino González dan vida a este texto de Santiago Cortegoso. Un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Maio
- 08 de maio - The show Moscón, Galitoon
THE SHOW MOSCÓN
Galitoon Producións
DÍA: Sábado 8 de maio
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Novo circo
CATALOGACIÓN: A partir de 2 anos
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00€ previa retirada no departamento de Cultura
SINOPSE: The Swow Moscón é un espectáculo de títeres e novo circo presentado por un simpático moscón, que acontece no interior dun armario marabilloso que abre as súas portas para presentarnos vaidosas divas da canción, arrepiantes historias de magos e mentalistas ou increíbles bebés equilibristas. Un divertido espectáculo para gozar en familia.
- 16 de maio - Coral Polifónica Estradense, Concerto do Salmón
21 de maio - Liberto, Rebordelos
Rebordelos
Liberto
DÍA: Venres 21 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 5,00€ previa retirada no departamento de Cultura
SINOPSE: Liberto foi o espectáculo revelación nos Premios de Teatro María Casares cando logrou acadar o maior número de finalistas na última edición, logrando o Premio María Casares á mellor actriz protagonista (Rocío González) e á mellor música orixinal (Lucía Aldao).
Contra todo pronóstico, esta peza converteuse nun dos espectáculos de referencia da tempada. Aplaudida pola crítica e impactante para o público, con música en directo e un ton de fina ironía, conta en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa.
- 28 de maio - Sobre os males que fai o tabaco, EMAE
SOBRE O MAL QUE FAI O TABACO
Escola Municipal de Artes Escénicas
DÍA: Venres 28 de maio
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Traxicomedia
CATALOGACIÓN: +12
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: De balde, previa recollida de invitación (capacidade da sala restrinxida por mor do COVID19)
SINOPSE: A Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, en colaboración co Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, volve poñer escena un coñecido texto de Chêjov adaptado e dirixido por Santiago Cortegoso e interpretado por Gonzalo Valcárcel, Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo.
Sobre o mal que fai o tabaco é un monólogo no que un pobre mestre, marido da dona dun internado para rapazas, expón unha conferencia sobre os danos do tabaco, que termina derivando nunha confesión dos problemas da súa convivencia marital.
* Prema sobre a imaxe para ampliala.