Programa de roteiros “Voltamos ás andainas”

04 Mai 2021

 

O Concello da Estrada por medio das concellerías de deportes e servizos sociais, oferta para este mes de maio o programa de roteiros “Voltamos ás andainas”.

 

O programa de actividade física para maiores, consta de 4 andainas polo noso concello, e vai enfocado a persoas a partir de 55 anos empadroadas no Concello da Estrada.

 

Todos os roterios teñen as prazas limitadas con grupos reducidos a 20 persoas guiados por dous monitores para cumprir a normativa vixente. Haberá que formalizar unha inscrición previa no rexistro do concello ou pola sede electrónica cumprimentando ficha e adxuntando fotocopia do DNI.

 

No caso de rematar o prazo de inscrición e non estar cubertas as prazas de cada roteiro, abriranse as prazas a todas as idades.

 

Os roteiros, que serán todos circulares con saída e chegada no mesmo punto, terán todos o mesmo horario de saída, ás 17 horas, e serán os seguintes:

- Mércores día 12: San Miguel de Castro-Ribeiras do Ulla. Fin prazo: día 10

*A organización do programa Voltamos as Andainas, comunica que debido á meteoroloxía destes días e á previsión para o mércores día 12, a primeira andaina de San Miguel de Castro, queda aprazada para o vindeiro martes día 25 de maio, no mesmo horario (17 horas).

Punto de saída: lugar de Adoufe. San Miguel de Castro.

- Mércores día 19: Codeseda-Ribeiras do Umia. Fin prazo: día 17

Punto de saída: igrexa de Codeseda.

- Sábado día 22: A Estrada-Muiños de Ouzande. Fin prazo: día 20

Punto de saída: praza do Concello.

- Sábado día 29: A Estrada-Regato de Figueroa. Fin prazo: día 27

Punto de saída: praza do Concello.

 

A distancia dos mesmos é de 10 quilómetros, cunha duración de 3 horas e quince minutos aproximadamente. Nivel de dificultade baixo.

De existir demanda suficiente haberá servizo de transporte dende a praza do Concello ata o punto de saída nos roteiros de Castro e Codeseda os mércores.

Cada participante poderase inscribir como máximo en duas andainas.

Na saída de cada roteiro, darase unha peza de froita e un botellín de auga por persoa para a realización da actividade.

 

 

cartel nova data andaina peq

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1