XII Campus deportivo de verán Concello da Estrada 2021

14 Xuño 2021

 

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a duodécima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.

 

Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.

 

Ofértanse un total de 70 prazas por quenda/quincena.

 

A actividade está dirixida para nenos/as de 5 (cumpridos a día 1 de xullo de 2021) a 15 anos, nados/as entre o ano 2006 e o ano 2016, e terá lugar nas instalacións da zona deportiva do Concello, en horario de 9.00 (recollida participantes de 9 a 10 horas) ás 15.00 horas. As instalacións onde se realizarán as actividades, cumpren cos protocolos de hixiene e prevención en relación o covid-19.

 

Ante a situación extraordinaria deste ano, a inscrición no XII Campus Deportivo de Verán, será por quincenas. O prezo será de 40 euros por participante e quincena. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (32 euros), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuito.

 

Descargar información completa.

 

 

 

cartel. XII campus 2021

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1