AEstradaDeporte, en relación á listaxe de admitidos do XII Campus Deportivo de Verán do Concello da Estrada informa:
- Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
- As dúas primeiras opcións presentadas por cada solicitante son as que se tiveron en conta nas valoracións, garantindo deste xeito como mínimo, un mes de participación no XII Campus Deportivo de Verán.
- A listaxe adxunta indica as quendas adxudicadas a cada participante, destacadas en cores.
- Os participantes no XII Campus Deportivo de Verán deberán de realizar o pagamento, de xeito presencial ou de xeito telemático na oficina do Banco Sabadell, achegar o xustificante de pago o primeiro día da actividade e entregarllo ó monitor/a.
Nº CONTA PAGO CAMPUS (BANCO SABADELL): ES78 0081 2208 230001012603