“Programa Girl SteAm para rapazada de 8-11 anos” e “Programa Girl SteAm para rapazada de 12-15 anos”

20 Xullo 2021

Descrición: O obxectivo do Programa Girl SteAm é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás/os nenas/os, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos SteAm a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, engadindo o “A” de artes, pasando de STEM a STEAM. Trataranse temas como:

  • A igualdade.
  • sentido crítico ante a tecnoloxía.
  • uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo.
  • A colaboración e o traballo en equipo.
  • A importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

 

Datas: 6 e 9 de agosto.

 

Lugar: Aula Cemit da Estrada

 

Idade mínima e máxima (adaptada en cada caso segundo a idade de 8-11 ou de 12-15)

 

Número de prazas: 10    

 

Inscricións: https://cemit.xunta.gal/

 

* Para calquera dúbida chamar ó teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

    Observacións: Actividade enmarcada no convenio de colaboración entre Agasol e a Amtega e no Plan de Talento Dixital de Galicia DigiTalent para o impulso de actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas ás nenas.

 

OBRADOIROS PARA A RAPAZADA A ESTRADA

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1