Abre o prazo para anotarse na actividade de "MUSICOTERAPIA", para persoas maiores de 60 anos, ou menores de 60 cunha discapacidade igual ou superior o ao 33%.
PRAZO SOLICITUDES:
O prazo estará aberto dende o día 16 ó 24 de setembro (ambos días incluídos).
LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00 Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude: Adxuntamos modelo de solicitude, que deberán presentar cuberta e asinada
- Certificado de minusvalía, no caso de ser menores de 60 anos.