Programación Teatro Principal outono 2021

01 Outubro 2021

 

PRINCIPALMENTE, OUTONO!

Programación Teatro Principal outono 2021

Entrada reducida!

 

OUTUBRO

 

SAAABOR

2 (12.30 h) Saaabor! Culturactiva

 

Saaabor é un espectáculo cómico que mestura música, homor e maxia; cunha participación constante co público e que acadou o premio do Público no Festiclown 2018.

Os actores mergúllannos no mundo da gastronomía da man de dous chefs un tanto irreverentes que lles ofrecen aos comensais pratos para todos os gustos e padais. Un espectáculo perfecto para gozar en familia!

 

 

 

8 (21.00 h) Todo nunha noite, Manuel Manquiña (Abismo Caracol)

 

Todo nunha noiteTodo nunha noite
Abismo Caracol

DÍA: Venres 8 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 5,00€ (venda anticipada no departamento de Cultura)

SINOPSE: A compañía Abismo Caracol presenta unha nova peza interpretada por Ángela Andrada e Manuel Manquiña, autor tamén dun texto que dirixe Darío Autrán. A obra sitúase nun salón, con dúas persoas, unha actriz e un director, moito alcol e a presenza de Deus, o diaño e unha proposta. Son sesenta minutos de risos, emoción e unha reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.

 

 

melancolia15 (21.00 h) Meloncolía, Joan Strader

 

MELONCOLÍA
Joan Estrader

DÍA: Venres 15 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (venda anticipada no departamento de Cultura)

SINOPSE: Joan Estrader, é un tipo estraño. O seu plantexamento escénico ten dous eixos fundamentais: a palabra e a estimulación dalgún recanto do cerebro que te deixa entre o sorriso e a dúbida, entre a admiración e as ganas de darlle unha labazada ou unha aperta.

Meloncolía é un espectáculo surrealista cargado de xogos de palabras onde o disparate, o humor e o absurdo comparten a mesma mesa para transportar o público a un estado “meloncólico”.

 

 

 

17 (19.00 h) Concerto de outono, Coral Polifónica Estradense

 

Coral PolifonicaCONCERTO DE OUTONO
Coral Polifónica Estradense


DÍA: Domingo 17 de outubro
HORA: 19.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 11 de outubro)

SINOPSE: Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense celebra a chegada do outono convocando aos amantes da música coral, nunha cita que organiza a agrupación estradense, coa colaboración de Fecoga (Federación de Corales de Galicia) e do propio Concello estradense.

 

 

 

22 (21.00 h) Love está en el aire, David Amor

 

davidLOVE ESTÁ EN EL AIRE
David Amor


DÍA: Venres 22 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 6,00€ (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 11 de outubroou en ataquilla.com)

SINOPSE: David Amor, o pontevedrés coas mans máis grandes, aterra no Principal para presentarnos Love está en el aire. Trátase do seu novo traballo, no que fala das súas novas inquedanzas sen olvidarse dunha de súas últimas paixóns; os aeroportos.

O espectáculo, dirixido ao público adulto, indaga no dilema de por que todo o mundo pasa sede nun aeroporto ao tempo que fai un percorrido por toda a grella televisiva sen tocar o mando a distancia... Para algo debía servir estar todo o día tirado no sofá, vendo a televisión.

 

 

 

23 (21.00 h) Amancio Prada en concerto

 

AMANCIOAMANCIO PRADA
Camiño do meu contento


DÍA: Sábado 23 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 18 de outubro)

SINOPSE: Encadrado nunha xira por 6 vilas galegas, o cantautor Amancio Prada musica neste recital a algúns dos autores e autoras máis universais. Desde os primeiros trovadores, a Álvaro Cunqueiro, Federico García Lorca ou Rosalía de Castro. Un concerto indispensable para os amantes da canción de autor.

 

 

 

 

comando comadres

31 (19.00 h) Comando comadres, Matriohskas Teatro

 

O domingo 31 de outubro ás 19:00 horas no Teatro Principal.

 

A nova produción de Anabel Gago e Chelo do Rejo inaugura tres semanas de teatro onde a muller adquire especial protagonismo.

A través do humor, un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca a múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

Prezo da entrada: 5 euros

Público adulto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVEMBRO

 

As filla bravas5 (21.00 h) As fillas bravas e o mito de Casandra, Chévere

 

AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA
Grupo Chévere


DÍA: Venres 5 de novembro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
CATALOGACIÓN:Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 2 de novembro)

SINOPSE: As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas, con moita retranca e non menos sabedoría. Nesta ocasión, darannos a súa particular visión sobre o cambio climático para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular.

 

 

 

 

6 (12.30 h) Zapatos, Caramuxo Teatro

 

zapatosZAPATOS
Caramuxo Teatro


DÍA: Sábado 6 de novembro
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro para bebés
CATALOGACIÓN: 1-4 anos
DURACIÓN: 35 min
ENTRADA: 3,00€ (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 2 de novembro)

SINOPSE: Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Zapatos narra todas esas historias que contan os zapatos, de todos os tamaños e cores, que xa non teñen dono. Unha bela bailarina é a encargada de coidalos e de darlles a benvida ao lugar onde viven.

Zapatos é un espectáculo cheo de tenrura e poesía, que acumula máis dun centenar de funcións e que está recomendado pola Rede Nacional de Teatro.

 

 

 

Elisa Marcela Macho12 (21.00 h) Elisa e Marcela, A Panadaría Teatro

 

ELISA E MARCELA
A Panadaría Teatro


DÍA: Venres 12 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 11 de outubro)

SINOPSE: Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.


Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018, e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista (Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luísa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo Colectivo ALAS A Coruña. Premio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018. Premio ex aequo a Mellor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no Fetega 2018.

 

 

 Lume na lareirapeq

14 (19.00 h) Festival folclórico Lume na Lareira

 

XIV FESTIVAL LUME NA LAREIRA

 

DÍA: Domingo 14 de novembro
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música tradicional
DURACIÓN: 150 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00 (venda anticipada no Concello e o Mesón da Estrada)

 

 

SINOPSE: Un ano máis o certame organizado por Juan Ruibal e presentado por Jacobo Pérez mesturará humor e música nun festival que contará coas actuacións de Cans de Palleiro, Cristo Cristini, o humorista Pacheco, os Alegres, o grupo de concertinas Pedrosini e Lume na Lareira. Unha cita indispensable para os amantes do folk.

 

 

 

 

 

 

18 (20.30 h) Recital poético de Antón Reixa e Colectivo Rompente

 

rompente imaxe punto ga comunicacionAlgo que levar á boca
Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romón


DÍA: Xoves 18 de novembro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Recital do grupo poético Rompente
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 15 de novembro)

SINOPSE: Recuperando a súa propia tradición interdisciplinar, o grupo Rompente, tras sacar á rúa o poemario Que hostia din os rumorosos, propón un novo espectáculo con textos de Romón, Avendaño e Reixa, na súa maior parte, novos e inéditos que está a ser presentado por toda Galicia. 

 

 

 

 

 

 

banda de musica cultural da estrada20 (20.30 h) Concerto de Sta Cecilia, Banda Cultural da Estrada

 

CONCERTO DE STA CECILIA

Banda Cultural da Estrada

DÍA: Sábado 20 de novembro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Bandístico
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: Entrada de balde previa retirada de invitación

SINOPSE: Chega novembro, e un ano máis a Banda Cultural renderá honores a Sta Cecilia cunha selección de obras clásicas e populares. Unha cita obrigada para os moitos amantes na vila da música de banda.

 

 

 

 

 

 

Teatro da Ramboia26 (21.00 h) O meu mundo non é deste reino, Teatro da Ramboia

 

O meu mundo non é deste reino
Ramboia Teatro


DÍA: Venres 26 de novembro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro, comedia
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 85 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 22 de novembro)

SINOPSE: Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.

Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo. A montaxe é unha adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista.

 

 

 

 

27 (20.30 h) Concerto de Sta Cecilia, Banda Municipal da Estrada

 

CONCERTO DE STA CECILIA
Banda Municipal da Estrada

LOGO BANDADÍA: Sábado 27 de novembro
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Bandístico
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada de convites no Concello a partir do luns 22 de novembro)

 

SINOPSE: A nova formación da Banda Municipal da Estrada, dirixida polo lalinense Santiago Mella, fará a súa tradicional homenaxe á patroa dos músicos no Teatro Principal. Unha cita obrigada para os amantes deste xénero musical.

 

 

 

 

 

 

DECEMBRO

 

logo.FestaPoesiapeq

3 (20.30 h) Festa da Poesía

 

O venres 3 de decembro ás 20:30 horas o Teatro Principal acolle unha nova edición da Festa da Poesía que terá como limiar a entrega do XXV Premio de Poesía Avelina Valladares a Manuel López.

 

Despois deste acto, unha relación de persoas procedentes do ámbito escolar e sanitario, recitarán cadanseu poema. O acto estará musicalizado por Xiana Lastra, Andrea Porto e Marcela Porto.

 

 

 

 

 

 

Danny Boy4 (21.00 h) ¡Stand up! Danny Boy

 

Stand up!
DANNY BOY


DÍA: Sábado 4 de decembro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: 6,00€ (retirada anticipada no departamento de Cultura ou en ataquilla.com)

 

SINOPSE: Despois de triunfar coa súa actuación nas festas do San Paio, Dany Boy presenta no Principal Stand up! Un divertido monólogo que recolle unha miscelánea de rutinas humorísticas que conforman unha contundente oda ao inconformismo. Un caixón de xastre onde ten cabida desde a confesión más descarnada da súa realidade persoal á fantasía onírica máis inverosímil. Sexa como sexa, a diversión está máis que garantida!

 

 

 

 

 

Paula11 (20.30 h) Facer memoria, Paula Carballeira (Berrobambán)

 

PAULA CARBALLEIRA
Facer memoria


DÍA: Sábado 11 de decembro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Narración oral
CATALOGACIÓN: +12 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 7 de decembro)

SINOPSE: Facer Memoria, viaxa á nosa vila con Paula Carballeira como a narradora das mellores historias. En Galicia temos unha narración oral excepcionalmente viva. A través dela desenvólvense contos, lendas, sucedidos, lances reais de vidas reais que ao contalos se volven ficcións. Nesta tradición atopamos o que somos.

 

 

 

 

Coral

18 (20.30 h) Concerto fin de ano, Coral Polifónica Estradense

 

CONCERTO DE FIN DE ANO
Coral Polifónica Estradense


DÍA: Sábado 18 de decembro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 13 de decembro)

 

SINOPSE: Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense, baixo a dirección de Xabier Comesanha, despide o ano co seu tradicional concerto de nadal. Este ano, o repertorio, dunha hora de duración, estará centrado na zarzuela, na música popular e nas panxoliñas.

 

 

 

 

barruso23 (21.00 h) Concerto de Nadal, Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso

 

CONCERTO DO OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO


DÍA: Xoves 23 de decembro
HORA: 21.00 h 
XÉNERO: Jazz, funk, soul
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 80 min
ENTRADA: De balde previa retirada de invitación a partir do luns 20 de decembro

 

SINOPSE: Como xa é habitual, os membros do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso despiden o ano cunha selección de pezas extraídas do repertorio clásico do jazz fusion, gospel, funk e soul. Un concerto que interpretará unha representación de alumnos do colectivo dirixido por Rubén Servide.

 

 

 

 

27 (12.30 h) A nena que vivía nunha caixa de mistos, Caramuxo Teatro

 

A vendedora

A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS
Caramuxo Teatro


DÍA: Luns 27 de decembro
HORA: 12.30 h 
XÉNERO: Teatro infantil
CATALOGACIÓN: +3 anos
DURACIÓN: 42 min
ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Concello a partir do luns 20 de decembro)

SINOPSE: A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Chistian Ándersen. Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos. A pobre sae pola vila para venderllos a quen os necesite, e ao seu paso xorde unha morea de personaxes e dous pequenos amigos.

 

 

 

 

 

28 (12.30 h) Os fabulosos Cleaners, Malasombra Producións

 Malasombra

OS FABULOSOS CLEANERS
Malasombra Producións


DÍA: Martes 28 de decembro
HORA: 12.30 h 
XÉNERO: Teatro con pompas de xabrón
CATALOGACIÓN: +3 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Concello a partir do luns 20 de decembro)

SINOPSE: Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo depompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

 

 

 

 

29 (12.30 h) Rosalía, Caramuxo Teatro

 

Rosalia CulturactivaROSALÍA
Culturactiva


DÍA: Mércores 29 de decembro
HORA: 12.30 h 
XÉNERO: Teatro infantil
CATALOGACIÓN: +4 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (despacho anticipado no Concello a partir do luns 20 de decembro)

 

SINOPSE: O espectáculo preséntanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porqué da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido. A cativa agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que habitou en segredo, e que está ateigado de tesouros.

 

 

 

 

 

 Carteleira outono2021peq

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1