Salón Motor Classic e Feira de Antigüidades e Artesania

15 Novembro 2021

O Salón Motor Classic e a Feira de Antigüidades e Artesanía, celebraránse no recinto feiral estradense o vindeiro mes de decembro.

 

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

 

  • Os días 11 e 12 de decembro, o Recinto FeIral estradense, celebra unha nova edición do Salón Motor Classic. A mostra complementaráse coa 61a Edición da Feira de Antigüidades e Artesanía.
  • O certame contará con dous pavillóns de exposición de vehículos clásicos (motos, coches e bicicletas), un pavillón con mercadillo de pezas, recambios, accesorios e complementos varios do motor e un pavillón con antigüidades e artesanía.
  • Habilitaráse parking gratuito dentro do propio recinto para os que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos.
  • Máis de medio centenar de firmas de venda directa e outras tantas secundarán a mostra expositiva de clásicos, distribuidas ao longo de catro pavillóns, cunha superficie expositiva de 7.400 m2.

 

Os días once e doce de decembro, o mundo do motor ten unha cita no recinto feiral estradense, con numerosas firmas relacionadas co sector do recambios, accesorios e complementos varios, destinados específicamente a vehículos clásicos e históricos.

 

O recinto contará igualmente coa tradicional mostra de antigüidades e artesanía, contando con mais de medio centenar de anticuarios e artesáns de toda Galicia e de Portugal.

 

O certame, ocupará un espazo expositivo de mais de 7.400 m2, distribuidos ao longo de catro pavillóns, contando igualmente, dentro do propio recinto, cunha zona especialmente habilitada para que os visitantes que asistan á mostra nos seus vehículos clásicos poidan aparcalos cómoda e gratuitamente.

 

Motor Classic, estas últimas edicións, está contando con grande aceptación entre visitantes e participantes. O mercadillo de pezas e recambios desperta grande interese, contando cun total de quince firmas presentes.

 

Pola súa banda, varias Asociacións, clubes e particulares, participarán na sección de exposición de clásicos que ocupará un total de dous pavillóns.

 

Motor Classic, contará co respaldo da tradicional e consolidada Feira de Antigüidades e Artesanía que xa vai pola sesenta e unha edición, sendo un referente consolidado do sector e do calendario feiral dos recintos da nosa Comunidade Autónoma.

 

Medio centenar de anticuarios, artesáns e recambistas, darán cobertura a Motor Classic 2021. Os anticuarios galegos e portugueses, unha vez máis, vólcanse coa mostra. Numismática, decoración, iluminación, porcelana, libros antigos, mobiliario, apeiros de labranza, pezas textís, escultura, artesanía, recambios, etc... serán algún dos produtos estrela da mostra de antigüidades.

 

O recinto feiral, abrirá en horario ininterrumpido de once a vinte horas, amosando variedade de productos, así como, de pezas, recambios e accesorios do motor e unha nutrida área expositiva de vehículos de incalculable valor. As coleccións privadas de vehículos clásicos e históricos, farán as delicias dos visitantes máis esixentes.

 

Os días 11 e 12 de decembro, máis dun centenar de firmas expositoras, asociacións, clubes e particulares, sorprenderán e tratarán de captar o interese dos visitantes que se acheguen ao recinto feiral estradense. Con esta doble mostra, o recinto feiral estradense pechará o calendario feiral dous mil vinte e un.

 

feira artesania2021

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1