Será o sábado 11 de decembro, con acceso libre e gratuito, en horario de 11.00 a 20.30. O programa complétase con actividade cultural e gastronómica ambientada nestas datas tan sinaladas.
O Recreo Cultural da Estrada celebrará o sábado 11 de decembro o que será o seu primeiro Mercado de Nadal, un evento que a entidade que preside Iago González Beceiro concibe coma unha xornada de portadas abertas, deseñada para que toda a cidadanía acceda e coñeza as instalacións desta sociedade, ao tempo que aposta polos produtores e artesáns estradenses á hora de configurar un escaparte no que o público atope ese agasallo que busca para estas festas.
A celebración estará preservada da adversidade meteorolóxica cunha planificación íntegramente interior nas instalacións do Recreo Cultural, de xeito que tanto os expositores como o público visitante poda gozar da mostra en condicións de comodidade, toda vez que se garantiza que o mal tempo non obrigue á cancelación da actividade.
Como non podía ser doutro xeito, a estética será navideña. O mercado abrirá as súas portas ás 11.00 horas e recibirá ao público, con acceso libre e gratuito, de xeito ininterrumpido ata as 20.30.
A cultura terá tamén espazo propio no Mercado de Nadal do Recreo Cultural, un evento que contará coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), o Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Deste xeito, haberá un CONCERTO DE NADAL da escola MUSIKENOS, una proposta que combinará voz e acústico con un cento de participantes sobre o escenario. Participará tamén un grupo de PANDERETEIRAS DA ESCOLA DE TEQUEXETÉLDERE e, finalmente, o cantautor EMILIO RÚA.
Descargar información completa.
.