"CONCILIA NADAL 2021"

29 Novembro 2021

 

O vindeiro xoves dia 2 de decembro ábrese o prazo para anotarse no "CONCILIA NADAL 2021", para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
 
  • Actividade: CONCILIA NADAL 2021
  • Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).
  • Prazo para anotarse: do 2 ó 14 de decembro de 2021 (ambos incluídos)
  • Período de actividade: do 22 de decembro de 2021 ó 7 de xaneiro de 2022 (ambos incluídos)
  • importe da actividade é de 23€ para as familias empadroadas no Concello da Estrada; e de 38,50€ para as familias non empadroados e que os pais acrediten atoparse traballando no termo municipal da Estrada (sempre e
    cando queden prazas libres)
  • criterio de selección de participantes será o seguinte:
    • 1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
    • 2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
    • 3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
    • 4. Orde de entrada das solicitudes.
    • 5. Rapaces e rapazas non empadroados no Concello da Estrada e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada
 
 
 
 
 
 
 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1