O sábado 18 de decembro ás 20.30 h. Concerto fin de ano, Coral Polifónica Estradense
CONCERTO DE FIN DE ANO
Coral Polifónica Estradense
DÍA: Sábado 18 de decembro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde (retirada anticipada no departamento de Cultura a partir do 13 de decembro)
SINOPSE: Como xa é habitual, a Coral Polifónica Estradense, baixo a dirección de Xabier Comesanha, despide o ano co seu tradicional concerto de nadal. Este ano, o repertorio, dunha hora de duración, estará centrado na zarzuela, na música popular e nas panxoliñas.