O Concello da Estrada quere manifestar, publicamente, o seu apoio á candidatura de Tanxugueiras para representar a España no Festival de Eurovisión 2022. Un apoio baseado no impulso que a agrupación realiza da música tradicional, a defensa que fan do uso das linguas cooficiais e o intento de universalizar a cultura galega.
Desexándolles moita sorte mañá na final do Benidorm Fest, agardamos que sexan as nosas representantes no próximo festival de Eurovisión.