En vista a que quedan prazas libres para a actividade de piscina para persoas maiores na primeira quenda de 2022, reabrimos o prazo para cubrir as prazas vacantes.
- REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos
O critrerio de selección de participantes establecerase por número de rexistro de entrada
- LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Departamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
- DATAS DA ACTIVIDADE
Dende o 17.01.2022 ata o 01.04.2022
- HORARIOS / GRUPOS Nº PRAZAS LIBRES
- Luns de 09:15h a 10:00h 4
- Luns de 16:30h a 17:15h 5
- Mércores de 09:15h a 10:00h 5
- Venres de 09:00h a 09:45h 6
- Venres de 09:45h a 10:30h 1
- DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE
- COPIA DO DNI
- CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO
- SOLICITUDE