Distancia: 12 quilómetros. Dende o límite co Concello de Forcarei ata o límite co Concello de Vedra.
Duración: 2 horas 30 minutos aproximadamente.
Dificultade: Baixa
Saída: Cruceiro de Pardemarín (10:30 horas).
https://maps.app.goo.gl/Zk5gnTryuAessiPg8
Coordenadas: 42.672560,-8.395109
Punto de encontro (9:30 horas) e Chegada (13 horas aproximadamente): Igrexa de Santa Mariña de Ribeira
https://maps.app.goo.gl/daxekLsSQGtkDLQGA
Coordenadas: 42.738546,-8.440622
Poderanse deixar os vehículos no punto de encontro e habilitarase servizo de transporte ata a saída da andaina. Saída ás 9:45 horas.
Ó remate da andaina, haberá degustación de sidra estradense.
A partir das 13 horas, xusto ó rematar a andaina e como peche desta xornada, na igrexa de Ribeira, farase unha breve presentación do libro "Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro", por parte do seu autor, o investigador Cástor Pérez, aberta a todo o público participante ou non na andaina.
Prazo de inscrición: dende o sábado día 19 ata o xoves día 24 de marzo no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., esta ficha totalmente cuberta.