O goberno adianta e abre o prazo de solicitude das bolsas de estudos para o curso 2022-2023

29 Marzo 2022

 

Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/23: ábrese o 30 de marzo e termina o 12 de maio de 2022.

 

Por que se adianta o prazo de solicitude?

Así saberás se cumpres ou non os requisitos económicos antes de ver que vas estudar.

 

A QUÉ BOLSAS AFECTA?

Bolsas FP, Bacharelato e outros

Bolsas universidade: grao e máster

 

Cal é o novo prazo para solicitar bolsa?

Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsa para o curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.

Debes solicitar a túa bolsa dentro deste prazo, aínda que non saibas aínda que vas estudar, e mesmo aínda que non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara a setembro poderás cambialos.

 

Quen son os membros computables da miña unidade familiar?

É o número de persoas da familia que contan á hora de saber o limiar económico que che corresponde para valorar a contía da túa bolsa. Este número depende do tipo de unidade familiar que teñas.

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

Se precisas axuda para a súa tramitación, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man! Podes pasarte directamente pola nosa oficina ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario 9.00 a 14.30 horas. 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1