Parladoiro con:
MIGUEL ANXO BASTOS E ANTÓN LOSADA
DÍAS: Mércores 30 de marzo
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Parladoiro político
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde, previa retirada de convites no Concello
SINOPSE: Dous dos politólogos máis prestixiosos do país, Antón Losada e Miguel Anxo Bastos, moderados pola presentadora Marga Pazos, achegaranse ao Teatro Principal con motivo do seu 75 aniversario para falar, en clave desenfadada da actualidade política.
Venres 1 de abril (21.00 h) The Primitals, Producciones Yllana
Yllana - The Primitals
Yllana e Primital Bros únense para sorprendernos cunha divertidísima comedia musical a capela.
Catro aboríxes dun planeta que podería ser o noso reclaman o escenario, dispostos a conquistar ao público, a gargalladas ou a machetazos, pero sempre excedendo música de mil xéneros que, como esponxas, foron absorbendo nas súas viaxes polos confíns do espazo tempo.
THE PRIMITALS… a estraña e surrealista historia dunha tribo lixeiramente disfuncional, con loitas intestinas, soños de grandeza, desequilibrios mentais e farmacopea milenaria. Chamanismo a catro voces. Traxicomedia a capela. Vanguardismo ancestral. Todo isto e moito máis en THE PRIMITALS.
AIBO
Compañía Eléctrica
DÍA: Sábado 2 de abril
HORA: 12.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro infantil
CATALOGACIÓN: 3-6 anos
DURACIÓN: 45 min
ENTRADA: 3,00€
SINOPSE: Aibō é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. Aibō significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carapuchiña Vermella.
Trátase dunha visión diferente do conto popular que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.