Programa "DEPOTERMAL"

04 Abril 2022

 

Dende hoxe e ata o 3 de maio de 2022 (ambos incluídos) estará aberto o prazo para anotarse no programa "DEPOTERMAL".

 

  • Actividade: DEPOTERMAL
  • Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas
  • Prazo para anotarse: do 4 de abril ó 3 de maio de 2022 (ambos incluídos)
  • As persoas beneficiarias deberán cumprir algún dos seguintes requisitos:
    • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972
    • No caso de nacer antes do 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
    • No caso de nacer antes do 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superios ao 65%.
    • Persoas coidadoras que precisen un respiro familiar.
  • Descrición do plan: "DEPOTERMAL" 2022 comprende dous programas termais:
    • Programa termal de asistencia diaria: acceso a balnearios, talasos e spa durante cinco mañás ou tardes consecutivas.
    • Programa termal con pernoita: acceso a balnearios, talasos e spa de domingo a venres en réxime de pensión completa.
  • Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
    • NIF das persoas solicitantes
    • Certificado de residencia das persoas solicitantes
    • Certificado da renda do exercicio 2020 das persoas solicitantes
    • Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas para acreditar a condición de persoa pensionista
    • Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade

No caso de que as persoas interesadas se opoñan ás ditas consultas deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, marcando a opción cun X, e achegar os documentos correspondentes.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1