Prazo de matrícula de novo ingreso na Escola Infantil Municipal curso 2022/2023

06 Abril 2022

 

Prazo de matrícula de novo ingreso na Escola Infantil Municipal curso 2022/2023: do 1 ao 18 de abril.

 

Os impresos de solicitude están a disposición dos interesados na propia Escola Infantil Municipal.

 

Documentación a presentar xunto coa solicitude (copias e orixinais):

  • Documento nacional de identidade dos proxenitores, e se é o caso dos  representantes legais.
  • Libro de familia
  • Título de familia numerosa de ser o caso
  • Xustificante de ocupación laboral / xustificante de ser demandante de emprego
  • Declaración renda de ambos proxenitores
  • Documento que acredite ser beneficiario/a do tramo de inserción (RISGA)
  • Documento que acredite grao de discapacidade
  • Volante de empadroamento familiar
  • Calquera outro documento

 

Para máis información poden poñerse en contacto coa EIM no 986570563, ou ben a través do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1