ARANTZA PORTABALES
NO PARLADOIRO DAS LETRAS
DÍA: Xoves 12 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Escenario do Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Entrevista
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde
SINOPSE: Autora da famosa saga protagonizada polos policías Abad e Barroso, que iniciou con Beleza vermella e continuou coa Vida secreta de Úrsula Bas, Arantza Portabales pasa por ser unha das escritoras referentes, en galego, do xénero negro. No parladoiro teremos oportunidade de coñecer máis polo miúdo a súa traxectoria literaria.
TRAS OS VIEIROS DE FLORENCIO
Fantoches Baj
DÍA: Luns 16 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: De balde
SINOPSE: Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega a casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.