Circo de rúa e malabares no Salmón

10 Mai 2022

 

Unha das propostas deste ano na Festa do Salmón son os espectáculos de Circo de rúa e malabares que terán lugar o vindeiro sábado día 14 de maio na Praza do Concello con algunhas das mellores compañías galegas e do resto do estado.

 

 

troula dentista crpatos 3Ás 12:00 horas: Troula Animación con O estrano caso do Dentista da Rúa Brasov

 

TROULA ANIMACIÓN: O ESTRAÑO CASO DO DENTISTA DA RÚA BRASOV

Corría o ano 1913 cando naceu o noso protagonista nunha pequena aldea dos Cárpatos. Era unha noite de inverno e un precioso neno nacía, pero non era un bebé normal, era o primeiro bebé do mundo con dentes!. A partir daquel día, todo sería diferente, o noso personaxe xa desde bebé tiña unha curiosa fixación polos dentes... Empezou a gatear na consulta do seu pai, as súas primeiras palabras foron, dente, endodoncia, empaste... Con so tres anos caéselle o seu primeiro dente. Aquela mesma noite, meteu o seu dente debaixo da almofada esperando a chegada do Ratiño Pérez, A Fada dos Dentes, ou calquera outro ser máxico que puidese realizar o seu soño, era a ilusión da súa vida! Pero algo insospeitado cambiaría o rumbo dos acontecementos.

Un pasarrúas cun espectacular vehículo e unha coidada posta en escena, con humor, música, monicreques e moitas sorpresas. Podes ver un video promo no link de arriba.

 

 

 

 

piscoreÁs 13:00 horas: Piscore con Concerto Confusión

 

PÍSCORE: CONCERTO CON FUSIÓN

Premio do Público Festaclown 2019. Espectáculo galego mellor valorado en Domingos do Principal 2020. 

Mantendo a anterior e exitosa liña de traballo, nesta produción (con)fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Tráiler neste enlace.

 

 

 

 

javi javichi 3Ás 19:00 horas: Javi Javichi con Plato, platito platete (Madrid)

 

JAVI JAVICHI: PLATO, PLATITO, PLATETE 

Logo de vinte anos de espectáculos por todo o mundo, nesta produción o showman Javi Javichy busca a risa en todo momento, utilizando os gags máis clásicos. Combinando rutinas de circo con pratos de porcelana, chapeus, caixas de puros, e acabando cun arriscado numero de rulo americano, Javichy devolve ao público á sempre impresionante tradición dos malabares cun toque de humor.

Javichy ten premios internacionais comoo BEST ACT de Landshut (Alemania), o Festival de Ascona (Suiza)e Festiclown (Santiago de Compostela) e é un dos mellores artistas de circo dos últimos anos.

 

 

 

 

 

distans voletemps 06

Ás 20:00 horas: Vol´e temps con Distans (Granada) 

 

DISTANS DE VOL´E TEMPS

Premio ao Mellor Espectáculo de Noite de FETEN 2019. Premio Lorca Mellor Espectáculo de Circo 2019. 3 premios nos Premios de Circo de Andalucía 2019, Premio Alcides Moreno, dous premios internacionais en Italia….

DistanS é o espectáculo de 2019 e 2020 do circo español. Unha gran peza con multitude de premios e mencións que pasou polas mellores programacións. Un espectáculo imprescindible que destaca pola súa excelencia, excelencia técnica, escenográfica, acrobática, humorística... un espectáculo que é unha verdadeira delicia e non te podes perder.

Podes ver o trailer aquí.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1