O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a edición deste ano do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
O Concello da Estrada, coordinará tódalas medidas de seguridade, de prevención da saúde e de hixiene que a situación require para coidar ao máximo a saúde tanto dos participantes coma do persoal que leva a cabo á actividade.
As bases do XIII Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada inclúen protocolos de actuación para a adaptación deste programa deportivo, ás directrices das autoridades competentes en relación coa Covid-19. Polo tanto, é posible que tanto antes do inicio como durante a actividade, se as indicacións das autoridades sanitarias ou da Xunta de Galicia cambian, tamén se teñan que adaptar tanto estas bases e protocolos. Se hai algún cambio, será publicado e comunicado ás familias dos participantes na actividade.
A actividade está dirixida para nenos/as de 5 (cumpridos a día 1 de xullo de 2022) a 16 anos, nados/as entre o ano 2006 e o ano 2017, e terá lugar nas instalacións da zona deportiva do Concello, en horario de 9.00 (recollida participantes de 9 a 10 horas) ás 14.30 horas. As instalacións onde se realizarán as actividades, cumpren cos protocolos de hixiene e prevención para este tipo de actividades.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse PREFERENTEMENTE a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal), ou no seu defecto no Rexistro Xeral do Concello da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
PRAZO DE INSCRICIÓN: DO LUNS DÍA 23 DE MAIO Ó DOMINGO DÍA 5 DE XUÑO DE 2022.