O vindeiro luns dia 23 de maio ábrese o prazo para anotarse no "CAMPAMENTO DE VERÁN 2022", para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
Actividade: CAMPAMENTO DE VERÁN 2022
Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).
Prazo para anotarse: do 23 de maio ó 10 de xuño de 2022 (ambos incluídos)
Período de actividade: do 1 de xullo ó 7 de setembro de 2022 (ambos incluídos) en horario de 9:00h a 14:00h.
Lugares de actividade: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Cabada Vázquez, Villar Paramá e Pérez Viondi.
O importe da actividade será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 25€ por participante durante os días do mes de setembro. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€ nas quincenas de xullo e agosto, e 20€ os días de setembro), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
O criterio de selección de participantes será o seguinte:
- Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
- Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
- Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
- Familias con renda máis baixas (IPREM)
- Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
- Orde de entrada das solicitudes.
Documentación a presentar:
- D.N.I do neno/a
- D.N.I do pai, nai ou titor
- Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)
- Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
- Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
- Descargar modelo de solicitude.