OS NENOS DA VARÍOLA
Cía Pérez&Fernández
DÍA: Venres 27 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Traxicomedia
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5.00€ (venda de entradas a partir do luns 18 de maio)
SINOPSE: 30 de Novembro de 1803: "A Real Expedición Filantrópica da Vacina" parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos de Madrid, Santiago e A Coruña conforman unha cadea humana "brazo a brazo" para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar, nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade.
Pérez&Fernández en Coprodución co Centro Dramátigo Galego presenta a adaptación á escena da novela de María Solar "Os Nenos da Varíola". Unha peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña e como chegaron a ser os heroes da Real Expedición Filántropica da Vacina, na que a súa heroína máis esquecida convertíuse nun dos piares máis importantes da expedición, a reitora da Casa dos Expósitos, Isabel Zendal.
Certame de acordeóns
"TECLAS E BOTÓNS"
O sábado 28 de maio as escolas de acordeón do recoñecido músico Suso Vaamonde
O concerto dunha hora de duración comezará ás 19:00 h na Praza do Mercado coa participación das seguintes escolas:
- Escola de acordeón de Tequexetéldere
- Aula permanente de música tradicional (Vicerreitorado do Campus de Pontevedra)
- Amigos da Música (Salceda de Caselas)
- Escola Mpal. de música e baile tradicional do Concello de Outes
- AC A Fuliada (Betanzos)
- AC Hai que roelo (Cuntis)