X ESTRANOITE

25 Mai 2022

 

Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo San Paio, Atletismo A Estrada e CAI A Estrada, organizan o venres día 24 de xuño a X ESTRANOITE.

A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e será o preludio das festas patronais de San Paio 2022 nun circuito urbano de asfalto de 4 km, que na proba absoluta terá unha distancia de 8 km, tendo que percorrer os participantes duas voltas o mesmo.


Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.

 

INSCRICIÓNS:

  • ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 21 de xuño de 2022 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
  • ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 21 de xuño de 2022 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.


A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.


Haberá un límite de 600 inscritos na proba absoluta.


Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.


Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O PREZO da inscrición será o seguinte:

  • ADULTOS (xuvenil e superiores): 6,00 €
  • CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA

 

 

cartel nocturna 2022

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1