Luns día 27 de xuño 2022.
- AEstradaDeporte organiza en colaboración co club Ciclista Estradense e Bikestrada a Festa da Bicicleta o vindeiro luns día 27 de xuño.
- Dous circuítos: un para menores de 14 anos e outro para maiores de 14 anos.
- O circuíto para menores de 14 anos é de 800 m aproximadamente, nos arredores da praza do Novo Mercado e de dificultade baixa. Os participantes ata 10 anos teñen a obriga de ir acompañados por un adulto.
- O circuíto para maiores de 14 anos é de 5 km e de dificultade media para menores e dificultade baixa para adultos. Recoméndase que os nenos de 14 ata 18 anos vaian acompañados dun adulto e teñen que se desenvolver de xeito independente na bicicleta.
- Saída e chegada na praza do Novo Mercado.
- É obrigatorio o uso de casco en tod@s @s participantes.
- Agasallo de camiseta conmemorativa para tod@s @s participantes ata esgotar existencias.
- Sorteo de bicicletas e material deportivo de ciclismo.
- Inscrición (NOME E APELIDOS, DATA NACEMENTO E TELÉFONO DE CONTACTO) en: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Data límite para formalizar inscrición: 22 de xuño.
- Trofeos para:
- Familia máis numerosa
- Participante de maior idade
- Bicicleta máis antiga
- Bicicleta máis orixinal