A partir do luns 27 de xuño e ata o día 19 de xullo (ambos incluídos), abre o prazo para anotarse nas Viaxes do Imserso (temporada 22/23)
Os requisitos son os seguintes:
- As persoas residentes en España que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do sistema de Seguridade Social español.
- Ser pensionista por outros conceptos do sistema de Seguridade Social español ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 anos cumpridos ou máis anos de idade.
- Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco anos cumpridos ou máis anos de idade.
- Españoles de orixe emigrantes que retornaran a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de Seguridade Social do país ou países ós que emigraran.
Lugar para anotarse: Departamento de Servizos Sociais e Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas; e pola sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.
NOTA: en vista a que o 27 de xuño neste concello é festivo local, aquelas persoas que o queiran rexistrar ese día a solicitude, terán que facelo a través da sede electrónica.
Prazo para anotarse: do 27 de xuño ao 19 de xullo de 2022 (ambos incluídos)
O criterio de selección de participantes será por número de rexisto de entrada.
- NIF/NIE da persoa solicitante.
- NIF/NIE do cónxuxe e/ou parella de feito.
- Libro de familia (en caso de ser matrimonio).
- Acreditación da pensión da persoa solicitante e do cónxuxe ou parella de feito.
Modelos de solicitude que deberán presentar:
* Para aqueles que viaxen por primeira vez deberán cubrir as dúas solicitudes.