Xa está aquí a tan esperada AXUDA ESTATAL AO ALUGUEIRO PARA AS PERSOAS MOZAS na Comunidade Autónoma de Galicia!!!
Alcance: 250 euros/mes
Tempo de concesión: 2 anos
Retroactividade: Recoñécese o carácter retroactivo desde xaneiro de 2022
Requisitos xerais:
1.- Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
2.- Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda.
3.- Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
IMPORTANTE:
a) A axuda tramitase por medios electrónicos. Necesariamente tes que dispoñer de certificado dixital, DNI-E ou Chave 365.
b) Hai que estar empadroado/a na vivenda.
c) Hai que pagar o alugueiro a través de TRANSFERENCIA BANCARIA. Os pagos en metálico non se aceptan.
Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, botámosche unha man para a súa tramitación, podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente polas nosas oficinas en horario de 8.30 a 14.00 horas sen necesidade de cita previa.
Prazo: Ata o 31 de outubro AGÁS ESGOTAMENTO PREVIO DE CRÉDITO.
Prema aquí para acceder á información completa.