O vindeiro luns 4 de xullo abre o prazo de inscrición para anotarse no "CAMPAMENTO NO MAR 2022".
DATOS DO CAMPAMENTO
- Campamento: CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO (PORTO DO SON)
- Data de celebración: do 26 de agosto ó 4 de setembro
- Nº de prazas: 52
- Idade para participar: de 8 a 16 anos (os 8 anos cumpridos antes do inicio da actividade)
INSCRICIÓN DE PARTICIPANTES:
- Prazo inscrición: do 4 ó 15 de xullo (ambos incluídos)
- Lugar de presentación de solicitudes: Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0) presentando unha instancia xeral e adxuntando a solicitude e a documentación requerida (DNI do pai, nai ou titor/a e DNI do participante)
- Descargar ficha de inscrición.
PREZOS DO CAMPAMENTO:
- Inscrición xeral: 88€
- Segundo irmán: 66€
- Familia numerosa: 66€ (tódolos participantes)
- Non empadroados (sempre que queden prazas libres): 220€
ORDE DE PRIORIDADE:
Familias con valoración de risco e/ou especial vulnerabilidade que conten con prescripción técnica dos profesionais de Servizos Socias do Concello da Estrada.
Rapaces/zas empadroados/as no Concello
Rapaces/zas que acrediten a condición de familia numerosa.
Orde de entrada de solicitudes.
PUBLICACIÓN DE ADMITIOS/AS, PAGO E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
O día 22 de xullo publicarase na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello a listaxe de admitidos e reservas.
As persoas admitidas deberán facer o pago entre o 1 e o 5 de agosto e presentar o xustificante de pago coa seguinte documentación no departamento de servizos sociais:
- Tarxeta sanitaria do/a participante
- Foto recente do/a participante
- Libro de familia (só se solicita bonificación por segundo irmán)
- Título de familia numerosa (só se solicita bonificación por familia numerosa)
- Cuestionario sanitario (o modelo estará publicado na páxina web do Concello xunto coa listaxe de admitidos/as)