Segunda convocatoria do programa “Depotermal”

18 Xullo 2022

 

Aberto dende mañá o prazo para inscribirse na segunda convocatoria do programa “Depotermal”

 

O obxectivo é cubrir as prazas que quedaron dispoñibles durante a primeira convocatoria.

 

A Deputación Provincial de Pontevedra habilitará dende mañá ata o vindeiro día 2 de agosto un novo prazo para inscribirse no programa “Depotermal”, ao que está acollido o Concello da Estrada, co obxectivo de que poidan optar ás prazas dispoñibles tanto as persoas que presentaron a súa solicitude fóra de prazo durante a primeira convocatoria como aquelas que descoñecían este programa de termalismo celebrado nunha ducia de instalacións termais da provincia.

 

Este plan termal ofrece unha modalidade con pernocta de domingo a venres en réxime de pensión completa e, por outra banda, unha opción específica para as persoas que desexen asistir diariamente a un balneario, talaso ou spa durante cinco días consecutivos, cun mínimo de dúas horas diarias.

 

Aqueles estradenses que desexen inscribirse nesta segunda convocatoria do “Depotermal 2022” deberán cumprir os seguintes requisitos: non ter adxudicada ningunha praza na primeira convocatoria de 2022, nacer antes do 1 de xaneiro de 1972, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, viuvez ou outras pensións, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou ser persoas coidadoras que precisan un respiro familiar.

 

Para presentar as solicitudes, as persoas interesadas deberán cubrir un formulario na páxina web da Deputación Provincial de Pontevedra ou, no caso de que teñan dificultades para realizar este trámite, poderán acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas para recibir a axuda que precisen.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1